O camiño cara a liberación do colectivo LGBT+ comeza coa formación
Sobre min
Biólogo de formación, o meu activismo en materia LGBT+ levoume a interesarme por entender como funciona o sistema sociocultural que exerce e reproduce a violencia contra o noso colectivo.
Comecei por formarme en teoría feminista, máis pronto vin necesaria unha formación académica que me permitira entender como o patriarcado, a cisheteronorma e o capitalismo se interrelacionan e retroalimentan. Así, matriculeime no grao en Antropoloxía Social e Cultural co fin de desenmarañar este sarillo. Na actualidade estou a levar a cabo unha tese de doutoramento en Educación na cal estudo a reprodución da LGBTfobia no contexto do sistema de ensino.
Formación, divulgación, asesoría…
Podes consultar aquí os servizos que ofrezo así como un listado de palestras e obradoiros que xa teño preparadas e podería impartir a demanda.
As miñas publicacións
Artigos en prensa, fanzines, capítulos en libros e publicacións académicas. Aquí podes ver algúns dos traballos que teño publicados en distintos formatos.