Xanelas no Corufest: migracións

Ao longo do mes de maio ten lugar na cidade da Coruña un festival de artes escénicas LGBT+ que leva por nome “Corufest”. Na edición de 2022 contaron ademais de coa súa programación habitual artística cuns espazos de debate e diálogo máis claramente políticos, aos que denominan xanelas.

O Corufest de este ano contou con 3 xanelas, unha tratando sobre os delictos LGBTfóbicos, unha sobre xuventude LGBT, e unha sobre migrantes LGBT. Hei de dicir que sendo mozo e traballando sobre LGBTfobia, recibín con sorpresa o convite para participar na mesa sobre migracións, mais unha vez presentada a perspectiva non puiden estar máis contento.

Desde os activismos mainstream a cuestión da migración é vista como dous fenómenos completamente separados se se fala de persoas que emigran desde o noso país, e persoas que inmigran a el, rara vez buscándose ningún tipo de punto común nin alianza. O feito de poder contrastar a miña experiencia como mozo galego gay que tivo que emigrar por motivos económicos e de estudos, que decidíu voltar ao país por conviccións políticas, e que vive na actualidade o desangramento da súa comunidade pola emigración masiva de xuventude LGBT+; coas experiencias de persoas LGBT+ do sur global que traballar arredor da migración foi altamente enriquecedora, e definitivamente queer.

foto de Xandre participando nunha mesa redonda no Corufest 2022

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *