Presentación nas III xornadas Pensar con Orgullo

No pasado 20 de xuño tivo lugar a 3ª edición das xornadas Pensar con Orgullo que organiza en Compostela o Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión as xornadas levaron como lema “Corpos en rebeldía, aproximacións interdisciplinares”, e contaron coa colaboración do grupo de investigación en epistemoloxías híbridas do CSIC.

Tiven a ocasión de presentar neste evento unha parte do marco teórico da miña tese de doutoramento, xa explorado no congreso internacional “Corpos, xénero e sexualidade” da Rede Galega de Estudos Queer, en maior detalle e profundidade nesta ocasión. A ponencia levou por título “A identidade como trincheira: cara un achegamento entre os discursos activistas e os coñecementos actuais en bioloxía evolutiva e antropoloxía social e cultural”, e podedes atopar o powerpoint na sección de publicacións da web.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *