Entrevista na TVG polo día do Orgullo

Menos de 2 días antes do 28 de xuño a TVG puxose en contacto con Avante LGBT+ amosando interese en realizar unha entrevista en directo na maña do día do Orgullo. A cercanía do cabodano do asasinato de Samuel Luíz na cidade da Coruña levounas a querer poñer o foco sobre a violencia LGBTfóbica que sofre o colectivo e que está en aumento desde fai polo menos 3 anos, o cal é unha iniciativa moi positiva.

O que foi menos positivo foi a decisión de contactar con tan pouca antelación e o empeño en que a persoa que realizara a entrevista tiña que ser unha vítima recente de agresión LGBTfóbica. As persoas que viven un feito traumático como este poden atopar moi dificil falar do mesmo, especialmente en directo nunha canle de televisión e sendo avisadas con tan pouco tempo.

Con isto en mente, contactamos igualmente con militantes de Avante que viviran situacións de violencia no último ano para comunicarlles que existía esta posibilidade, mais sen presionalas para tomala de ningún xeito. Unha compañeira de Avante Compostela dixo nun primeiro momento que se vía con forzas para facelo pero só se estaba acompañada, así que concertamos a cita coa entrevistadora e que eu sería o acompañante. Chegada a mañá a compañeira comunicou que o pensara mellor e que prefería retirarse, xa que non sabía se podería xestionar a atención mediática e a difusión da súa cara. Así, finalmente fun eu a persoa entrevistada no seu lugar.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *