Publicacións

Artigos, fanzines, libros e publicacións académicas

Publicacións académicas

A identidade como trincheira: cara un achegamento entre os discursos activistas e os coñecementos actuais en Bioloxía Evolutiva e Antropoloxía Social e Cultural

Comunicación nas III Xornadas Pensar con Orgullo. Corpos en rebeldía: aproximacións interdisciplinares, 2022.

Nocións modernas de evolución humana e posibles implicacións para o pensamento queer

Comunicación no I Congreso Internacional Corpos, xénero e sexualidade, 2022.

Atención á diversidade de xénero e orientación sexual: avaliando a formación do profesorado na Galiza

Atención á diversidade de xénero e orientación sexual: avaliando a formación do profesorado na Galiza

Comunicación no I Congreso Internacional de Psicología Educativa, 2020.

A formación do profesorado de Ensino Secundario en atención á diversidade de xénero e orientación sexual

Traballo de Fin de Mestrado para o Mestrado en Formación do Profesorado de Ensino Secundario, 2018.

Artigos en prensa


“Fueron 7 brasileños”: bulos racistas e invisibilización da LGBTfobia

Os máis graves crimes machistas e LGBTfóbicos son instrumentalizados polo fascismo para promover o odio cara as migrantes mentres apartan o foco público da LGBTfobia e o machismo sistémicos

Novos rostros, mesmo ódio

Ao longo dos últimos anos o coletivo LGBT+ presenciou umha escalada de violência inédita desde a aprovaçom do matrimónio igualitário no 2005, lei que se bem nom atingia a opressom estrutural vivida polo coletivo nem melhorava substancialmente as nossas condiçons materiais de existência, supujo umha mudança de paradigma ao nível da aceitaçom social da diversidade sexo-afetiva.


Libros e Fanzines

Unha serie de publicacións de distinto eido nas que colaborei de maneira directa.

Aturuxos de liberdade: historia do movemento LGBT+ organizado na Galiza

Noveno volume da colección “Ideas Impresas” editada pola Fundación Galiza Sempre dedicado ao estudo da historia do movemento LGBT+ organizado na Galiza da man de Xandre Garrido e Daniela Fernández. Trátase dun caderno de formación de interese para calquera persoa interesada en desenvolver militancia política e activismo.

Revolution NOW
Lucha y resistencia LGTB

Compendio de artigos escritos por activistas de todo o estado español cunha perspectiva crítica sobre o movemento LGBT+. No mesmo tratanse cuestións como as ruralidades queer, terceira idade, ideais de beleza entre outros. Xandre colabora cun artigo sobre a intersección entre as loitas de liberación nacional e LGBT+

Cuerpos en rebeldía Aproximaciones interdisciplinares

Este libro propón unha revisión sólida da construción científica da diferenza sexual que teñen en conta ámbitos como a biomedicina, a neurociencia, o dereito, as políticas públicas, a bioloxía, ou o deporte.

Fanzine 1: Saúde sexual integral

Guía de saúde sexual realizada polo grupo de traballo de Saúde Sexual de Avante LGBT+ coa coordinación de Xandre Garrido

O Nihilismo de Xénero de Alyson Escalante

Textos da activista trans e militante comunista Alyson Escalante, traducidos ao galego e con prefacio de Xandre Garrido