Formación e divulgación

Axenda unha palestra, un obradorio, ou contacta comigo para participar en debates e mesas redondas



Palestras xa impartidas

Foto de xandre participando nun coloquio sobre o libro Nós as inadaptadas
  • Diversidade de xénero: unha ollada transcultural
  • Unha abordaxe non moralizante da saúde sexual
  • Unha ollada crítica ás identidades LGBT+
  • A formación do profesorado en atención á diversidade de xénero e orientación sexual
  • LGBTfobia: tipos, causas e como combatela (adaptable a distintos niveis educativos)
  • Saúde sexual non cisheterosexista (adaptable a distintos niveis educativos)
  • Colectivo LGBT+ e dereitos humanos (ensino medio)
  • Identidade e sexualidade (ensino medio)

Asesoría

Contacta comigo para consultas e asesoramento en materias relacionadas con xénero, persoas LGBT+ ou saúde sexual


Asesoría a institucións e empresas

Queres desenvolver algún tipo de política destinada á inclusión do colectivo LGBT+ ou a combater a LGBTfobia nalgún eido? Podes poñerte en contacto comigo para axudarche a deseñala do xeito máis eficiente e efectivo posible.

Lectura de sensibilidade

A lectura de sensibilidade é un recurso de grande utilidade á hora de publicar textos ou elaborar productos audiovisuais nos que se fai referencia a colectivos marxinalizados. Co fin de que as túas publicacións sexan máis inclusivas e non firan ningunha sensibilidade é moi recomendable que contactes con alguén con experiencia na área para que faga unha lectura de sensibilidade e detecte terminoloxía, expresións, ou narrativas que poidan ser problemáticas. Sempre vai ser máis barato contratar unha lectura de sensibilidade que retirar un texto publicado en papel ou unha campaña publicitaria. No meu caso fago este servizo en relación con cuestións de xénero, LGBT+ e neurodiverxencias, máis a miña formación en Antropoloxía Social e Cultural implica que seguramente detecte cuestións sensibles en moitos outros eidos.