Sobre min
A formación académica e a militancia política foron dous aspectos fundamentais e indisociábeis cunha constante influencia mutua ao longo da miña vida. Aquí podes ler máis en detalle sobre a miña vida, experiencias e formación. Neste apartado da web poderás ler unha pequena biografía, ver con que proxectos estou a colaborar neste momento, e consultar varias entrevistas en formato podcast ou artigo xornalístico.
–
Podes consultar o meu currículo académico aquí:
–
Biografía
Comecei a traballar no eido LGBT+ nos grupos de traballo de GN e BNG, participando na elaboración da Lei 2/2014, mais foi vivindo en Dinamarca cando choquei cunha sociedade moito máis intolerante coas persoas LGBT+, o cal me levou a involucrarme en espazos queer, como a organización BLUS e o ambiente Drag local. Ao volver da emigración no ano 2017 participei da fundación da organización Avante LGBT+, na que centro os meus esforzos activistas desde entón, realizando actividades de divulgación e formación tanto internas como externas. Ademais, en 2019 comecei a traballar con STOP SIDA nun servizo de counseling online para persoas LGBT+ no cal sigo a participar na actualidade.
A miña necesidade de aprofundar na análise do sistema cisheteropatriarcal e como combatelo levoume a estudar o grao en Antropoloxía Social e Cultural da UNED, así como o Mestrado de Profesorado da USC, para o cal elaborei un traballo de Fin de Mestrado no que estudei os niveis de LGBTfobia e carencias formativas do futuro profesorado galego en relación co colectivo.
Así, na actualidade estou a realizar unha tese de doutoramento que mestura perspectivas derivadas da Bioloxía, Antropoloxía, teorías decoloniais e teoría marxista para realizar unha análise radical dos fundamentos da LGBTfobia. Nela emprego unha metodoloxía etnográfica para investigar como as nocións sobre sexo, xénero, reprodución e parentesco, nesgadas por bioloxicismos intersticiais, participan na construción e reprodución social do sistema que oprime ás persoas LGBT+, reforzando o patriarcado e o capitalismo. Outros focos do meu traballo son a formación do profesorado ou o estudo da intersección entre as opresións nacional, de clase e LGBT+.
Proxectos
–
Espaço Clara Corbelhe
Espazo de pensamento e elaboración duns estudos emancipatorios galegos desde a perspectiva da Teoría Crítica. O espazo conta cunha revista a modo de voceiro, da cal se edita un número monográfico anual en papel e un artigo web cada dúas semanas. Son un dos membros fundadores do proxecto e formo parte do Consello de Redacción da revista así como do equipo de comunicación da mesma.
–
Rede Galega de Estudos Queer
Equipo de investigación transdisciplinar que traballa en estudos de xénero e LGBT+ desde unha perspectiva queer. Está conformada por investigadoras de distintas áreas e niveis profesionais, vinculadas á Galiza por orixe, traxectoria vital ou foco de estudos. A Rede cumpre a función de poñer en contacto a quen traballamos neste eido e propiciar a colaboración e posta en marcha de proxectos que promocionen os Estudos Queer no país.
–
Avante LGBT+
Organización non mixta de persoas LGBT+. Está constituída a nivel galego con implantación nas 7 cidades e varias comarcas, incluída a diáspora. O seu ideario está fundado en tres piares, o feminismo, o anticapitalismo e o galeguismo, e as súas funcións son a organización das persoas LGBT+ que viven na Galiza, a súa formación política, e a loita polos dereitos do colectivo. Fun un dos membros fundadores no ano 2017 e na actualidade fomo parte da Coordinadora Nacional en calidade de Responsable de Organización.
Entrevistas
–
Un Orgullo LGBT+ entre as precaucións pola pandemia e a necesidade de “saír da clandestinidade do espazo privado”
Este domingo celébrase o Día do Orgullo LGBT+, que lembra, como todos os 28 de xuño, a rebelión contra a represión policial que tivo lugar no pub Stonewall, en Nova York. Este día do Orgullo estará marcado pola pandemia, con moitas menos actividades públicas, celebracións e tamén mobilizacións, pero os colectivos LGBT+ galegos si convocaron algunhas concentracións que buscan que non se esqueza o carácter reivindicativo e de visibilización que caracteriza esta data.
O activismo chama a “seguir mellorando” a futura lei trans
O voto unánime do Consello Xeral do Poder Xudicial a favor dun informe crítico coa futura Lei trans reaviva o debate sobre a finalidade e os detalles dunha norma que persegue a igualdade real e efectiva das persoas trans mais a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.
Qué hay detrás del asesinato de Samuel Luis Muñiz, el crimen que provocó marchas contra la homofobia en toda España
“Maricón” fue lo último que escuchó el joven auxiliar de enfermería de 24 años asesinado a golpes en la puerta de un boliche, en La Coruña. La comunidad lgbti española tomó nuevamente las calles de todo el país para reclamar justicia por Samuel.
Palestras e obradoiros
Ademais do meu traballo militante e como investigador no terreo académico tamén realizo obradoiros de formación ou imparto palestras sobre cuestións relacionadas co colectivo LGBT+ ou a saúde sexual.